CRTVG

Buscar

A escala de tres cruceiros converten o porto de Vigo nun fervedoiro de turistas

Publicado o 27/09/2019 13:48

Xa non é tan doado facer unha foto como a que esta mañá se vía no porto de Vigo: dous ou tres cruceiros nos peiraos da cidade. A competencia entre os portos próximos é moi forte. Xosé Carlos leva fotografando barcos desde hai máis de corenta anos, ten fotos do Camberra ou do Begoña dos bos tempos.

As empresas turísticas aproveitan as chegadas de barcos para ofertar excursións ou rutas pola cidade. Os mellores clientes son os británicos e os alemáns.

Preto de 10.000 cruceristas chegaron á cidade nesta xornada,a choiva obrigou a moitos a refuxiarse no centro comercial próximo. Entre os turistas hainos que xa coñecen a cidade de anteriores ocasións, e outros que viñan por primeira vez provintes de Hawai, Rusia, Alemaña ou Canadá.

Dous dos cruceiros: O Ventura e o Preciosa atracaron nos peiraos da Estación Marítima de Trasatlánticos. O terceiro o Costa Mediterránea atracou a carón da sede da Xunta de Galicia en Vigo; para este último habilitouse unha terminal de cruceiros efémera no edificio do Tinglado do Porto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019

Máis sobre vigo