CRTVG

Buscar

A enfermeira de Alcalá reitera a sua inocencia na última sesión do xuízo

Publicado o 24/06/2019 20:58

A auxiliar de enfermería utilizou o seu dereito á última palabra. Dirixiuse ao xurado para insistir en que lle gusta "dar a vida, non quitala". "Manteño que son inocente", dixo.

Beatriz, de 39 anos, enfróntase a unha pena de 40 anos de prisión por asasinar, presuntamente, dúas anciás nun hospital de Alcalá de Henares en 2015 e 2017.

A ambas inxectoulles aire ou gas nas veas para provocarlles a embolia que lles causou a morte. Ambas ían recibir a alta despois de experimentar unha melloría, e iso foi o que fixo sospeitar as familias. A acusada foi a última persoa que entrou no cuarto.

O avogado defensor critica a investigación. Defende que as mortes das anciás puideron ser causadas por unha mala praxe médica, ou mesmo que o puido facer calquera outro membro do persoal sanitario.

O xuízo quedou visto para sentenza e o xurado popular ten un prazo de 72 horas para deliberar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019