CRTVG

Buscar

A empresa onde traballaba a muller asasinada en Valga recada axuda para os fillos

Publicado o 04/10/2019 11:26
A empresa onde traballaba a muller asasinada en Valga recada axuda para os fillos

A empresa en que traballaba Sandra Boquete Jamardo, a muller asasinada presuntamente pola súa ex-parella en Valga (Pontevedra) xunto á súa nai e a súa única irmá, iniciou unha campaña para axudar os dous fillos menores da súa compañeira e que presenciaron o sucedido o 16 de setembro.

O comité de empresa informou nun comunicado de que abriron unha conta para sufragar gastos dos nenos, de 4 e 7 anos, e que "as achegas serán voluntarias e anónimas".

Especifican na nota que poderán contribuír tanto persoas físicas como asociacións e colectivos, tanto os que teñan relación con STAC -nome da compañía- como aqueles alleos á empresa, pois "calquera contía será ben recibida".

A conta permanecerá aberta en Bankia ata o próximo 30 de novembro. Todo o recadado repartirase a partes iguais entre ambos os nenos cunha renda asegurada anual para axudar os seus titores legais a afrontar os gastos de escolarización, ata a súa maioría de idade.

O presunto autor destes feitos, José Luis Abet Lafuente, está en prisión provisional, comunicada e sen fianza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí