CRTVG

Buscar

A economía británica cae un 20,4% no segundo trimestre

Publicado o 12/08/2020 19:58

España xa non é a economía europea máis castigada pola pandemia. Ese título osténtao desde hoxe o Reino Unido. O PIB británico caeu no segundo trimestre algo máis do 20%. É o peor rexistro da súa historia e supón a entrada do país en recesión 11 anos despois da última vez. Entre abril e xuño, perderon o emprego 220.000 británicos. Aínda así, a taxa de desemprego mantense por debaixo do 4%.

Noticias web

12/08/2020