CRTVG

Buscar

A DXT publica a listaxe dos 100 treitos con máis sinistros e tres deles están en Galicia

Publicado o 01/10/2020 15:44

Tres dos treitos máis perigosos de España para a circulación en moto están en Galicia. A DXT acaba de publicar a listaxe dos 100 con máis sinistros

Catrocentos sesenta e seis motociclistas mortos o ano pasado evidencian un problema na seguridade viaria.

É por iso que a DXT acaba de publicar unha listaxe cos 100 tramos máis perigosos de España e nos próximos meses van ser identificados cun sinal vertical onde se informa do número de accidentadosnos últimos 5 anos.

Un dos criterios que tiveron en conta á hora de elaborar a listaxe é a sinuosidade do trazado pero tamén o número de accidentes rexistrados. Tres dos tramos están en Galicia. Son a PO-313, a LU-530 e a DP-0702. Nesta última os veciños só lembran un accidente grave hai 4 anos.

Ademais da identificación do tramo buscan mellorar as infraestruturas. Na Baña xa chegaron a un acordo co titular da vía.

"Hai un acordo falado coa Deputación para facer unha mellora no firme neste trazado, que si é certo que foi considerado como un dos puntos negros, sobre todo para tema de motoristas", Jose Antonio Pereira, alcalde da Baña.

Reducir a sinistralidade é o obxectivo deste proxecto pioneiro en Europa.

Noticias web

01/10/2020