CRTVG

Buscar

A DXT prevé uns 400.000 desprazamentos no último dispositivo do Nadal

Publicado o 04/01/2019 15:18

Entramos na fase final do dispositivo especial de tráfico para o Nadal. En Galicia a fase final do disposito de tráfico polo Nadal abrangue ata o domingo. Son tres días en que se xunta o tránsito rodoviario da fin de semana cos desprazamentos por cabalgatas e compras e voltas de vacacións.

Na rede viaria do noroeste calculan que haberá, incluíndo o luns, máis de 400.000 desprazamentos, o once por cento do total de España.

Máis tráfico do habitual nunha época de friaxe e luminosidade reducida, polo que é conveniente circular sempre con luz de cruzamento e previr riscos pola xeada. O estado e tipo de pneumáticos é clave para superar con éxito un tramo de estrada condicionado polas consecuencias da friaxe.

Entre as recomendación para a circulación invernal están as de aumentar a distancia de seguridade e reducir a velocidade. E, coma sempre, evitar distraccións. Esas foron as causas máis frecuentes en accidentes mortais en 2018. En Galicia custáronlle a vida a 104 persoas. Son 28 falecidos máis que durante o ano anterior. Esta comunidade é a segunda con máis aumento en vítimas mortais e a provincia da Coruña está entre as de maior sinistralidade de España.




 

Noticias web

04/01/2019