CRTVG

Buscar

A DXT intensifica a vixilancia sobre o uso do cinto e os sistemas de retención infantil

Publicado o 06/03/2020 13:53

Victoria Gómez, Coordinadora da DXT en Galicia di que o ano pasado o 21 por cento dos falecidos en accidente non levaba o cinto, algo que é un dato moi negativo, explica. 

Por iso a DXT pon en marcha do 9 ao 15 de marzo unha nova campaña de vixilancia nas estradas. Axentes da Garda Civil e tamén da Policía Local farán controis para comprobar que todos os ocupantes dos vehículos fan uso do cinto. E constatarán que os menores viaxan cos sistemas de retención infantil axeitados á súa estatura, peso e idade.

Pilar López-Rioboo, subdelegada do Goberno na Coruña, explica que a falta de uso do cinto ocasionou máis de un cuarto de accidentes mortais. 

A DXT lembra que o cinto é un seguro de vida. O seu uso, din, reduce á metade o risco de morte en caso de accidente. No caso dos sistemas de retención infantil, empregalos incorrectamente quintuplica as posibilidades de sufrir lesións mortais ou graves.

Durante o ano pasado impuxéronse en Galicia máis de 20.000 denuncias por non usar o cinto e os sistemas de retención infantil. E na mesma campaña de 2019 detectáronse 601 infraccións, entre os máis de 70.000 vehículos que se someteron aos controis.

Noticias web

06/03/2020