CRTVG

Buscar

A DXT inicia unha campaña para concienciar das distraccións ao volante

Publicado o 12/09/2019 15:53

As distraccións ao volante multiplican por catro o risco de accidente e equipáranse a conducir a velocidade inadecuada ou baixo os efectos do alcol, por iso a Garda Civil quere concienciar os condutores a través dunha campaña especial de vixilancia.

Hai estudos que sinalan que tras unha conversa de minuto e medio nos desconcentramos e deixamos de percibir o 40% dos sinais. O móbil adoita ser a principal distracción pero hai outros perigos.

No que se refire ás novas tecnoloxías, o seu manexo ao volante supón unha sanción de 200 euros e a perda de tres puntos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019