CRTVG

Buscar

A dor das familias regresa a Angrois no aniversario do accidente

Publicado o 24/07/2019 13:52

Hoxe, 24 de xullo, fai seis anos do fatídico accidente do tren Alvia en Angrois onde faleceron 80 persoas e 144 quedaron feridas. Durante esta mañá, familiares das vítimas achegáronse á curva da Grandeira para deixar flores en recordo dos seus seres queridos e reclamando xustiza.

Os peregrinos que chegaban hoxe a Santiago e recorren a ponte que cruza as vías en Angrois lembraban o tráxico suceso, así como os veciños da zona que axudaron a socorrer os feridos.

As vítimas do Alvia concentráronse esta mañá na estación do tren de Santiago para manifestarse ata o Obradoiro reclamando unha investigación independente a cargo da Axencia Ferroviaria Europea. Ás seis da tarde haberá unha misa na Colexiata do Sar e posteriormente un acto de homenaxe en Angrois, ao pé da fatídica curva onde descarrilou o tren.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/07/2019