CRTVG

Buscar

A Donostiarra gaña na casa e Cabo acaba no quinto posto

Publicado o 11/07/2020 21:10

A sempre incerta San Sebastián é un mar propicio para as sorpresas. Alí a traiñeira da casa, a Donostiarra, aproveitou un sorteo de carreiros beneficioso e acadou unha vitoria que se lembrará para sempre no club, a súa segunda Bandeira da ACT. Cabo tamén sorprendeu. Tocáballe bailar a carón de dúas das traiñeiras máis fermosas, Ziérbena e Hondarribia, e acabou gañando a quenda e asinando un gran quinto posto na clasificación final no medio dun mar embravecido.

Ares pagou ir polo carreiro número dous e foi superada por Lekeitio e Zarautz, dous teóricos rivais na pelexa pola permanencia. Só levamos tres xornadas de liga, tempo dabondo para ver moitas sorpresas, e unha igualdade máxima á fronte da liga con Santurtzi, Orio e a Donostiarra separadas por un só punto.

Noticias web

11/07/2020