CRTVG

Buscar

A D. O. Mexillón de Galicia comeza os trámites para obter o selo MSC para gañar en competitividade

Publicado o 20/11/2019 15:49

Supón que o mexillón galego poderá ser máis competitivo nos mercados internacionais, onde cada vez hai máis consumidores que esixen o selo azul da pesca sostible nos produtos que mercan. De feito, o 15% das capturas mariñas do mundo están certificadas polo programa MSC, que garante as boas prácticas ambientais na produción e na xestión das pesquerías.

Para obtelo, unha certificadora independente encargarase de avaliar o sistema de produción da Denominacion de Orixe Mexillón de Galicia. Se superan o exame, os nosos mexillóns pasarán a formar parte dese club de produtos mariños que poden presumir de contribuír a un mellor futuro para os nosos océanos.

Ás garantías de calidade e orixe da denominación Mexillón de Galicia, pronto se poderá sumar unha máis, a da pesca sostible. Hoxe comezaron os trámites para obter o selo azul MSC.

Durante este ano, unha certificadora independente encargarase de auditar as bateas da denominación, comprobando se cumpren os requisitos dunha produción sostible.

40.000 produtos mariños comercializados en 108 países de todo o mundo levan o selo MSC. Se todo vai ben, o mexillón galego pronto estará xunto a eles.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2019