CRTVG

Buscar

A disposición xudicial un conductor bébedo que circulaba en zigzag pola AP-9

Publicado o 12/08/2019 16:50

Pasa o disposición xudicial un home que coa sua conduta temeraria puxo en perigo, non só a súa vida, senón a do resto dos condutores cos que se cruzou na AP-9.

Un home pasou a disposición do xuíz na Coruña despois de ser detido por conducir en zigzag pola AP-9. Pero.Iso non é todo. Varias chamadas de particulares alertaron da situación de perigo. Os axentes intentaron paralo con sinais acústicos e luminosos pero non facía caso.

Finalmente optaron por facelo frear poñéndose un coche da Garda Civil diante e outro detrás del, acurralándoo. Ao baixar do vehículo o home, con evidentes síntomas de embriaguez, perdeu o equilibrio e mancouse nas mans e na fronte. Os axentes levárono ao CHUAC e en canto lle deron a alta pasou a disposición do xuíz de garda na Coruña. Está acusado dun delito contra a seguridade viaria pero ten un segundo cargo, xa que segundo o parte dos axentes o home tamén se negou a someterse a un control de alcolemia.Nas estradas, toda precaución é pouca, tanto polo resto de condutores como por nós mesmos.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019