CRTVG

Buscar

A disposición xudical o dono e os fillos da empresa Magrudis

Publicado o 26/09/2019 13:20

Os responsables da empresa Magrudis, orixe do maior brote de listeriose rexistrado en España, pasaron esta mañá a disposición xudicial en Sevilla.

O dono da empresa e os seus dous fillos foron detidos o martes baixo acusación de homicidio imprudente, contra a saúde pública e lesións ao feto. A contaminación por listeria da carne mechada deixou tres persoas mortas e unhas 200 afectadas en toda España. Ademais, o andazo foi responsable de, polo menos, sete abortos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019