CRTVG

Buscar

A discapacidade como estímulo para triunfar

Publicado o 09/07/2019 17:04

Inserta Emprego, a entidade de recursos humanos de Fundación ONCE, creou en España nos últimos 22.000 empregos para discapacitados, un colectivo onde o paro é do 24%. Nun foro sobre inserción celebrado hoxe na Courña coñecemos de preto casos como o do tenista parolímpico Martín de la Puente. 

A discapacidade non é un problema, e non se debe transmitir como tal, segundo dixo Menchu Iglesias, directora territorial de Inserta Empleo, no foro celebrado na Coruña. No mesmo sentido se pronunciou Martín de la Puente, tenista vigués de elite malia que unha enfermidade rara o mantén en cadeira de rodas desde os sete anos.

"Podemos ser deportistas, competir na elite, traballar. Iso e o que vou intentar, normalizar a discapacidade", di Martín de la Puente,
tenista parolímpico.

A primeira vez que veu a cadeira en que xoga pensou que non ía ser capaz, pero agora, convertido en parolímpico, está satisfeito do esforzo realizado. "Co tenis en cadeira de rodas conseguin ver que o deporte adaptado é deporte profesional, e que a pesar de que compitamos en cadeira de rodas corremos polas bólas, temos que esforzarnos o máximo posible, traballamos baixo presión...", engade De la Puente.

Ten 20 anos e ademais de competir, estuda ADE na universidade de Barcelona. Considera que o talento non está reñido coa discapacidade e espera atopar traballo como calquera outra persoa cando, por idade, teña que deixar o deporte profesional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019