CRTVG

Buscar

Feijóo defende un PP "centrado" e Casado asegura que nunca saiu da moderación

Publicado o 15/07/2020 16:16

En Madrid, a dirección do PP reuniuse cos seus líderes territoriais. O obxectivo foi analizar o resultado das eleccións en Galicia e en Euskadi.

Con aplausos recibiron en Génova a Feijóo, no primeiro encontro da dirección do PP e os líderes territoriais despois das eleccións galegas e vascas.

No centro das conversas, a nova maioría absoluta en Galicia. Feijóo defendeu un PP temperado para botar o populismo fóra do Congreso como, asegura, pasou en Galicia.

Tamén asistiu o candidato de Euskadi Carlos Iturgaiz, que perdeu catro escanos na coalición con Ciudadanos. O líder do PP transmitiulle o seu apoio. Instou a volver ilusionar os votantes perdidos e puxo a Feijóo como exemplo. Dixo que o PP sempre estará nunha oposicion moderada no ton e contundente no contido.

Noticias web

15/07/2020