CRTVG

Buscar

A diocese de Santiago advirte de que os gastos superaron os ingresos

Publicado o 06/11/2019 15:47

A conservación e rehabilitación do patrimonio e as actividades asistenciais e pastorais levan a maior porcentaxe dos gastos da diocese de Santiago. Díxoo o ecónomo diocesano, Fernando Barros, na presentación das contas correspondentes a este ano e ao anterior.

Segundo asegurou, neste tempo houbo máis gastos que ingresos. As súas principais fontes de obtención de recursos son as achegas dos fregueses e do IRPF, aínda que os donativos dos fieis diminuíron. A pesar disto, afirma que diocese manterá o seu labor asistencial e pastoral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019