CRTVG

Buscar

A diocese de Ourense di que as restricións pola covid-19 lesionan o exercicio da liberdade relixiosa

Publicado o 09/11/2020 14:26

Dende a diocese de Ourense pensan que as novas restricións pola covid-19 lesionan o exercicio da liberdade relixiosa. Aínda así, din que cumprirán coas medidas impostas e que o farán por imperativo legal.

Ata o 4 de decembro a asistencia a lugares de culto será de 25 persoas como máximo, haberá uso obrigado de máscara nas misas, limpeza de mans e desinfección do templo. Isto nos concellos en vermello, no resto os límites marcan unha ocupación do 50 por cento evitando aglomeracións. As catequeses e as reunións pastorais realizaranse por videoconferencia.

Noticias web

09/11/2020