CRTVG

Buscar

A detección precoz descobre un perfil novo de enfermos de alzhéimer aos que o sistema debe dar resposta

Publicado o 21/09/2019 14:42

As asociacións de axuda a persoas con alzhéimer traballan na ralentización do avance da enfermidade mantendo os afectados activos.

Outro dos seus obxectivos é o apoio a familiares e coidadores.

Os casos de alzhéimer aumentan co envellecemento da poboación pero o diagnóstico precoz tamén está descubrindo un perfil novo de afectados aos que dar resposta.

A presidenta de AGADEA recomenda que enfermos e coidadores pidan apoio canto antes e subliña a importancia de que as asociacións conten con máis recursos para poder chegar ao rural.

Noticias web

21/09/2019