CRTVG

Buscar

A desaparición do Airbus A380 pode poñer en perigo uns 3.500 empregos

Publicado o 14/02/2019 17:23

Primeiro fixeron o que eles mesmos cualificaron como o anuncio doloroso da desaparición do seu Airbus A380, e a continuación cifraron entre 3.000 e 3.500 os empregos que nos próximos 3 anos se poden ver "potencialmente afectados" en toda Europa pola decisión.

A compañía aeronáutica explicoulles aos seus traballadores en España, uns 8.600, que a decisión se tomou despois de que o principal cliente do Superjumbo, os Emiratos Árabes, decidiran reducir os seus pedidos. E malia os esforzos de venda que Airbus fixo con outras aeroliñas non ten pedidos do seu modelo máis icónico que en parte se fabrica en España.

Airbus entregará o seu derradeiro xigante en 2021, pero a compañía asegurou que os Emiratos compensaron o abandono deste modelo co encargo doutros máis pequenos como o A320, o que ofrece oportunidades de mobilidade interna para os seus traballadores.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2019