CRTVG

Buscar

A Deputación Permanente decidirá se valida os decretos leis de Sánchez

Publicado o 05/03/2019 20:37

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe o decreto de convocatoria das eleccións xerais e sinala a data para volver constituír as Cortes: será o 21 de maio ás 10 da mañá. Ata ese momento as funcións do Congreso recaen na Deputación Permanente, que será quen teña que validar ou non os decretos leis que o Goberno de Pedro Sánchez pensa seguir remitindo. A oposición acusa o executivo de electoralismo.

Con este decreto entramos oficialmente en período electoral. O texto inclúe a data da campaña, entre o 12 e o 26 de abril, e cando se constituirán de novo as Cortes: o 21 de maio, a cinco días das outras eleccións.

Co Parlamento disolto, asume o control do Congreso a Deputación Permanente, que ten pendente derrogar ou convalidar os decretos aprobados no último Consello de Ministros. Sánchez defendeu hoxe todas as medidas laborais do seu Goberno e dixo que seguirán traballando contra a precaridade, sen aclarar se cambiarán a reforma laboral antes das eleccións.

A Mesa do Congreso encargou un informe xurídico sobre a tramitación dos decretos en período electoral. Queren saber como actuar se se aproban como proxectos de lei, pois non hai precedentes. E a oposición insiste nas críticas.

No mesmo acto Casado propuxo extender o incremento das pensións de xubilación ás nais cun só fillo. Actualmente está aprobado para as que teñen dous ou máis.

Noticias web

05/03/2019