CRTVG

Buscar

A Deputación de Ourense esixe por unanimidade a reapertura da sala de partos de Verín

Publicado o 20/12/2019 17:05
A Deputación de Ourense esixe por unanimidade a reapertura da sala de partos de Verín

O pleno da Deputación de Ourense pide, por unanimidade, a reapertura da sala de partos de Verín.

A moción, presentada por PP, Democracia Ourensana e Ciudadanos, contou cos votos a favor do BNG e do PSdeG, malia que incluía unha reprobación ao voceiro socialista Rafael Villarino, ao que a oposición culpa de mentir e falsear para utilizar politicamente a cuestión sanitaria.

A emenda presentada polo BNG para reprobar, tamén, o presidente da Xunta e o conselleiro de Sanidade rexeitouse cos votos do PP e Democracia ourensana.

Durante a celebración do pleno, un grupo de persoas procedentes de Verín manifestáronse fronte á institución provincial en protesta polo peche do paritorio de Verín. Tamén estiveron presentes no debate, con camisetas que dicían “Todos somos Verín”.

 

Noticias web

20/12/2019