CRTVG

Buscar

A Delegación do Goberno en Madrid investigará a manifestación contra o uso das máscaras

Publicado o 17/08/2020 18:51
A Delegación do Goberno en Madrid investigará a manifestación contra o uso das máscaras

A delegación do Goberno en Madrid investiga a manifestación celebrada onte en contra do uso obrigatorio das máscaras. Xa se impuxeron denuncias contra trinta dos manifestantes, entre eles varios dos organizadores, e a policía segue tratando de identificar máis persoas entre os 3.000 asistentes para sancionalos.

O delegado, José Manuel Franco, explicou hoxe que os convocantes non informaron de que a manifestación era contra o uso das máscaras cando tramitaron o permiso e que aseguraron que se ía manter a distancia de seguridade, requisito que, á vista das imaxes, non se cumpriu.

Noticias web

17/08/2020