CRTVG

Buscar

A D.O. Rías Baixas vende os seus viños das súas adegas por Internet e a domicilio

Publicado o 12/05/2020 14:31

Rías Baixas na casa permítelle a calquera persoa mercar a golpe de clic o viño de ata oitenta adegas e recibilo na casa. É unha iniciativa do Consello Regulador desta Denominacion de Orixe que xurdiu para tentar contrarrestar as perdas das empresas do sector neste estado de alarma.

As vendas á hostalería desapareceron, pero os estudos reflicten que o consumo de viño se mantén nos fogares. Porén moitas adegas non contaban con plataformas para vendelo a través de Internet. Agora poden ofrecer os seus produtos na páxina web do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas para que calquera poida pedilos e recibilos a domicilio.

Mentres tratan de paliar as perdas con iniciativas coma esta, os adegueiros agardan que a normalidade volva canto antes para poder dar saída ao viño acumulado e non comprometer a vendima deste ano.

Noticias web

12/05/2020