CRTVG

Buscar

A Cruz Vermella de Ourense precisa familias de acollida para bebés e irmáns

Publicado o 27/05/2019 20:11

Vitor e Patricia apuntáronse no programa de acollemento hai medio ano. Este é o terceiro bebé que coidan. Teñen dous fillos de 15 e 21 anos. Traballo recompensado polo cariño dos máis pequenos e a satisfacción de estar contribuíndo ao seu benestar.

Están coa familia de acollida mentres non son adoptados ou poden volver coa familia de orixe coa que deben seguir mantendo o contacto.

A maior parte dos menores aos que lle buscan un fogar de acollida teñen menos de 10 anos. Onde atopan máis dificultades é no acollemento de bebés e de irmáns.

Acutalmente, na provincia de Ourense contan cunhas 45 familias, pero a demanda fai que precisen máis xente como Patricia e Vitor, dispostos a compartir a calor dun fogar con aqueles que máis o necesitan.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019