CRTVG

Buscar

A crise sanitaria obriga ao transporte de viaxeiros a cumprir un protocolo de limpeza e desinfección

Publicado o 19/09/2020 18:03

A crise sanitaria obriga ao transporte de viaxeiros por estrada a cumprir un protocolo de limpeza e desinfección a diario da súa frota. Os buses urbanos da cidade da Coruña contan dende hai tres meses co certificado Aneor, que avala  as medidas de seguridade e hixiene implantadas.

Desnifectan cada autobús dúas veces por semana con este mesmo sistema. Un procedemento a maiores que complementa a limpeza diaria con lixivia que se efectúa a toda a frota.

Se un pasaxeiro ou o propio condutor dan positivo, o vehículo paralizase e subtituese por outro. Con todo, os desprazamentos en transporte urbano descenderon en Galicia e en España nos últimos meses.

Responsables en mobilidade insisten que o bus e seguro tamén en tempos de coronavirus.

Noticias web

19/09/2020