A cría de poco celta facilita o aproveitamento dos soutos abandonados e montes vellos
En Galicia hai máis de 50.000 hectáreas de soutos vellos e máis da metade están abandonados. A cría en extensivo de porco celta permite o aproveitamento destes montes. A USC realiza un ensaio para optimizar este sistema de antano cuantificando, por exemplo, a carga de porcos por hectárea para minimizar o impacto ambiental.
Neste souto do Incio levan once anos criando porcos celtas en extensivo. A cría en liberdade non só é garantía duna carne de calidade, senón que a presenza destes animais nos bosques permite a súa conservación e aproveitamento. O silvopastoreo é a saída para as máis de 50.000 hectáreas de soutos vellos que temos en Galicia.
Carlos Gallego, gandeiro: "Entran cando son porcos de aproximadamente 20 ou 30 quilos de peso ata a matanza. Aproveitan agora a castaña e a landra e todos os produtos do outono complementado con cereal ecolóxico".
A USC realiza un ensaio en coordinación con equipos de Asturias e o País Vasco co que trata de optimizar este sistema de antano. Queren cuantificar cal é o número axeitado de animais por hectárea para minizar a erosión no terreo. O porco celta é un animal que se adapta perfectamente a estes espazos, incluso nos terreos máis escarpados.
Antonio Regueiro, coordinador do ensaio da USC: "Estamos estudando parámetros de produción e tamén parámetros relacionados con efectos ambientais que poden ser negativos, que son moi importante. A idea é definir a carga gandeira, o número de animais por hectárea que é compatible coa conservación do medio".
Aquí no Incio tamén están a probar coa cría en extensivo do porco branco, que xa se pode ver pastando nas carballeiras do municipio.