CRTVG

Buscar

A covid paraliza a implantación dun plan nacional de biomarcadores

Publicado o 25/01/2021 16:04

A covid non só impediu a celebración presencial do simposio sobre biopsia líquida en Santiago, senón que paralizou a implantación dun plan nacional de biomarcadores, que son clave para a a extensión da biopsia líquida e en consecuencia dos tratamentos oncolóxicos personalizados.

A incorporación deses biomarcadores na práctica clínica permitiría que cada paciente de cancro recibise o tratamento mellor e con máis probabilidades de éxito para o seu caso.

De feito, os biomarcadores xa se usan, tamén en hospitais galegos, para ofrecer tratamentos personalizados a enfermos de cancro de pumón e dalgúns cancros de mama.

O futuro da investigación galega e española pasa por unirse á europea, único xeito de non perder competencia con respecto dos Estados Unidos e A China.

Noticias web

25/01/2021