A covid-19 reactiva o sector téxtil en Ordes
Publicado o 05/06/2020 16:28
Fai apenas unhas semanas eran dúas traballadoras, hoxe traballan 25. Fabrican unhas 5.000 máscaras diarias e aspiran a multiplicar por 4 a súa produción.
Neste momento comercializan 16 deseños. Son máscaras hixiénicas reutilizables cunha vida útil de 25 lavados. Venden a farmacias e tamén a empresas que demandan máscaras corporativas.
Din que a demanda non deixa de medrar e neste momento están a piques de pechar un importante contrato nos Estados Unidos.