CRTVG

Buscar

A Coruña, Santiago e Vigo, contra o cambio climático no Fridays for Future

Publicado o 24/05/2019 21:38

O movemento estudantil Fridays for Future volveu saír á rúa para esixirlles aos representantes políticos que tomen conciencia e impulsen actuacións contra o cambio climático. Seguindo a iniciativa da activista sueca Greta Thunberge, uníronse á folga global case 1.500 cidades de 114 países de todo o mundo, case medio cento en España. En Madrid saíron da Porta do Sol e tombáronse ás portas do Congreso.

Tamén en Galicia houbo convocatoria do movemento estudantil. Santiago, A Coruña e Vigo foron o escenario das mesmas reivindicacións climáticas. Cando faltan dous días para as eleccións europeas e tamén para as municipais, os estudantes galegos pidenlles aos dirixentes que prioricen a acción climática. Lembran que está moi lonxe o obxectivo de limitar o quecemento global a 1,5 graos centígrados que marca a ONU.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/05/2019