CRTVG

Buscar

A Coruña pecha a Torre de Hércules tras o positivo por covid-19 dun empregado

Publicado o 26/08/2020 11:10

A Torre de Hércules pechará este mércores, 26 de agosto, para a súa desinfección tras coñecerse na tarde deste martes o positivo por covid-19 dun traballador dunha empresa que presta servizo no monumento, segundo informa o Consorcio de Turismo da Coruña.

O proceso levará a cabo por recomendación das autoridades sanitarias e, como medida preventiva, ademais da limpeza do monumento, os traballadores da Torre de Hércules serán sometidos a probas PCR. Con todo, desde o Consorcio puntualizan que "o risco de contaxio é baixo, ao respectarse todos os protocolos sanitarios" dentro do faro romano.

Todas as persoas que tiñan compradas entradas para este mércores poderán reclamar a devolución do importe pagado.