CRTVG

Buscar

'A Coruña, pasado e presente': fotos para ver os cambios da cidade

Publicado o 03/08/2020 14:22

'A Coruña, pasado e presente'. Un libro, unha viaxe. "Como meterse nun tubo e cambiar de época".

Son 70 instantáneas. Carmen encargouse de buscar as fotos vellas e facer as fotos novas desde o mesmo punto, pero na actualidade. Xosé encargouse dos textos: "Cando fomos rañando nas historias que hai detrás da xente que nos cedeu as fotos démonos de conta de que as fotos pasaban a un segundo plano porque contaba máis a xente que sae nas fotos que as fotos en si".

70 historias que reflicten os cambios da cidade e da xente que a habita.

 

Noticias web

03/08/2020