CRTVG

Buscar

A Coruña mantén o seus campamentos de verán

Publicado o 22/05/2020 21:27

O concello da Coruña anuncia que mantén os seus campamentos de verán a pesar da covid. Empezarán dentro dun mes, o 22 de xuño. Serán 7.475 prazas, a maior oferta da historia da cidade, segundo a alcaldesa. Os cativos distribuiranse en grupos de 15 como máximo. Terán preferencia as familias de pais traballadores e as monoparentais. A alcaldesa Inés Rey destacou que se intensificarán as tarefas de limpeza e desinfección.

Inés Rey, alcaldesa da Coruña "Haberá control e prevención, con medidas específicas para todos os grupos vulnerables e de risco social. Tamén se atenderá ao cumprimento dos protocolos de seguridade, sobre todo medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias".

 

Noticias web

22/05/2020