CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca volve á Coruña como equipo da Liga Iberdrola

Publicado o 20/05/2019 20:03

Vintee nove vitorias e un empate coa guinda dunha goleada final. O Deportivo Abanca chega á máxima categoría pola porta grande nun ano maxistral. Tras o soberbio triunfo nas Canarias, quedou decretado o estado de felicidade colectiva.

"Foi o día máis feliz da miña carreira deportiva, ademais un dos desexos do meu aniversario era celebrar o ascenso e foi posible. A verdade é que estamos todas moi contentas, moi felices e eu creo que aínda non somos moi conscientes do que conseguimos", sinala Iris.

Peke, a máxima goleadora, recoñece que o equipo xogou "con moita ilusión toda a fase de ascenso, moitos nervios é algo único, recoméndollo a todas as xogadoras que poidan vivilo, que o vivan, e supercontenta".

En tres anos, Manu Sánchez construíu un equipo e levouno á elite. Agora albisca Deportivo de Primeira para longo.

"Penso que as bases están postas. É un proxecto galego, é un proxecto de futuro e co club apostando tal e como está penso que podemos gozar co fútbol feminino de alto nivel moito tempo", aventura o adestrador do novo equipo da Liga Iberdrola.

O futuro dirá se con el ou non, pero do que non cabe dúbida, como lembraron as heroínas brancas e azuis en Alvedro, é de que o obxectivo está cumprido. Despois de sete anos, Galicia volverá contar cun equipo en primeira.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019