CRTVG

Buscar

A Coruña estuda pedir responsabilidades tras os positivos do Fuenlabrada

Publicado o 21/07/2020 21:42

A viaxe do Fuenlabrada con casos de coronavirus indigna a alcaldesa da Coruña. O grupo municipal do BNG pídelle á rexedora que o concello inicie accións legais contra a Liga e a Federación Española de Fútbol. Polo momento, Inés Rey pídelles explicacións.

"Desde o concello da Coruña, desde a cidade da Coruña queremos saber por que non se illou o equipo completo do Fuenlabrada. Queremos saber por que non se puxo o equipo en corentena, queremos saber por que se pemitiu que viaxara á cidade", di Inés Rey, alcaldesa da Coruña.

 

Noticias web

21/07/2020