CRTVG

Buscar

A Coruña e Vigo son as áreas sanitarias con máis contaxios

Publicado o 29/10/2020 14:49

Era un dos poucos concellos arredor das grandes cidades que non tiña decretada a alerta máxima. Culleredo volve sumarse, cos últimos datos, ao nivel vermello.

Na área da Coruña soben os contaxios e tamén a presión hospitalaria. 100 persoas ingresadas en centros sanitarios, 11 delas en unidades de críticos.

Aínda así, con 156 novos contaxios por PCR, a área sanitaria de Vigo é a máis afectada de Galicia, con 1.624 pacientes con infección. O gromo que se detectou no interior do hospital Álvaro Cunqueiro está controlado. Afectou catro traballadores sanitarios e un paciente.

Salceda de Caselas abandona a alerta vermella para baixar a laranxa. Os municipios da área sanitaria de Vigo que manteñen o máximo nivel son 8. Preocupa a situación en Tui, que rexistou máis de 50 casos nos últimos 8 días, case todos asintomáticos.

Noticias web

29/10/2020