CRTVG

Buscar

A Coruña aproba os orzamentos municipais co voto en contra do PP

Publicado o 21/02/2020 18:51
A Coruña aproba os orzamentos municipais co voto en contra do PP

O Concello da Coruña ten novos orzamentos, dous anos despois de que se aprobaran as últimas contas do anterior Goberno da Marea, e tras un ano de prórroga. Os novos presupostos saíron adiante cos votos a favor de todos os grupos agás o popular. O PP foi moi crítico coas contas do Goberno socialista, sobre todo porque aceptaron modificar o destino de 200.000 euros para financiar proxectos culturais do anterior Goberno, pero rexeitaron 86 emendas propostas por veciños e asociacións. Houbo críticas tamén dende a Marea, aínda que finalmente votou a favor. Tamén apoiaron os orzamentos o BNG e Ciudadanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/02/2020