CRTVG

Buscar

A Coruña afronta as novas restricións sen incidencias: os cidadáns respectan as normas

Publicado o 10/08/2020 16:13

Carteis ás portas de negocios e locais hostaleiros para informar os clientes das novas restricións sanitarias. A Coruña afronta a terceira xornada das cinco marcadas inicialmente polas autoridades para tratar de frear os contaxios, con responsabilidade.

Os datos da Policía Local apuntan a que se están a respectar as novas medidas. A fin de semana houbo unha única sanción a un local hostaleiro por superar a capacidade permitida, pero non hai constancia de festas nin botellóns.

Entre hostaleiros e comerciantes hai preocupación porque estas restricións se poidan estender no tempo nunha situación económica, xa de por si preocupante. Anuncian que recorrerán ante a xustiza esta decisión.

O próximo mércores a comisión de seguimento avaliará a evolución dos datos e a efectivade das restriccións marcadas.

 

Noticias web

10/08/2020