CRTVG

Buscar

A Coruña acolle a décima edición do seu festival de cinema de vangarda e experimental

Publicado o 08/05/2019 12:06

O Festival S8, dedicado ao cinema de vangarda experimental, fai dez anos cunha morea de contidos de cineastas internacionais moi afastados do cinema convencional. Esquecendo a narración convencional e optando polas sensacións ou as emocións para desenvolver discursos que poden falar de historia ou colectivos desprotexidos.

A mostra de cinema periférico chega á décima edición protexendo as imaxes máis débiles e por iso dedica este ano a maioría dos seus contidos á preservación e restauración deste tipo de filmes.

Pola Coruña escoitarase falar do cinema expandido e as performances coas lanternas máxicas da británica Charlotte Pryce ou a recreación da historia dun filme dirixido por Samuel Beckett con Buster Keaton de protagonista no traballo do norteamericano Ross Lipman.

O traballo da canadense Janine Marchessault co cinema de contido LGTBTQ, a presentación do programador Mark Toscano co cinema de James Benning ou a presenza de Malcolm LeGrice con dúas pezas a dobre pantalla en 16 mm son outros dos exemplos dunha edición con México como protagonista.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/05/2019