CRTVG

Buscar

A construción do hospital público Gran Montecelo comezará en xuño

Publicado o 07/12/2020 15:45

A construción do hospital público Gran Montecelo, en Pontevedra, comezará en xuño.

A Xunta acaba de licitar por case 130 millóns de euros a primeira fase das obras, que suporán a creación de 2.600 empregos.

O novo hospital disporá de 120 camas máis que na actualidade e permitirá aumentar nun 90% o número de postos de urxencias.

A nova infraestrutura dará servizo a 300.000 veciños.

Noticias web

07/12/2020