CRTVG

Buscar

A conexión entre a A-52 e o polígono industrial de San Cibrao das Viñas podería estar rematada antes do verán

Publicado o 17/02/2020 14:06

É o estado en que se atopan as obras no enlace entre a autovía das Rías Baixas e o polígono de San Cibrao. O nivel de execución é do 75 por cento. Este viaduto de San Bieito, xa practicamente rematado, foi un dos puntos máis complexos dos catro quilómetros e medio cos que conta o novo vial. Os traballos agora céntranse nas dúas rotondas de acceso dende A-52 e dende N-525. Unha infraestrutura que mellorará a competitividade das empresas desta área industrial.

Estímase que se acurtará o tempo de percorrido en máis dun 60 por cento. Ademais incrementarase a seguridade viaria ao eliminar o tráfico de camións en varios treitos da N-525. Unha obra moi demandada polas máis de 420 empresas instaladas neste polígono.

Dende a Xunta contan con que as obras, cun investimento superior aos 21 millóns de euros, poidan estar rematas antes do verán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020