CRTVG

Buscar

A Comandancia de Pontevedra realiza unha poxa de armas

Publicado o 30/09/2019 14:44

Son case setecentas armas as que estarán expostas ata o venres na Garda Civil de Pontevedra. Son pezas que proceden de disposicións xudiciais ou de particulares que, por distintas circunstancias, non as retiraron do depósito da comandancia despois dun ano. A maior parte delas, unhas 400, son escopetas ou armas de caza.

Hai quen busca pezas singulares, pero a maior parte das persoas que se achegan á Comandancia son cazadores. O que é comun a todos eles é que para optar á poxa deben ter o permiso de armas e cumprir con todos os requisitos que esixe a lei.

Os interesados nestas armas deberán deixar unha fianza do 25 por cento sobre o seu prezo de saída e as súas ofertas en sobres pechados, cuxa apertura se realizará ao remate da exposición das armas.

Por iso todas as armas que non teñan saída nesta poxa, a maior dos últimos dez anos en Pontevedra, se destruirán por fundición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019