A Comunidade Valenciana e a de Castela e León pasaron a súa primeira noite de toque de queda
"Cumprindo a normativa, imos pechar". "Temos que marchar?". "Tedes que marchar".
A primeira noite con toque de queda na Comunidade Valenciana desenvolveuse con normalidade. Os locais pecharon, a xente recolleuse na casa e as rúas quedaron baleiras.
"Avenida do Cid, sentido entrada, baleira", relata un policía de patrulla.
Con todo, detectáronse algunhas infraccións. En Valencia capital, a Policía Local levantou 83 actas e denunciou tres locais. Tamén houbo catro detencións. Pero a tónica foi de cumprimento e moitos mesmo vían o toque de queda como a medida menos mala.
"É a situación máis discreta para salvar a economía e a situación sanitaria que temos", reflexionaba un cidadán.
"Non creo que me afecte moito porque quedamos para cear e entre as doce e as seis estás na casa", comentaba un mozo.
Entre a hostalería, porén, hai preocupación.
"Estou segurísimo de que vai influír na facturación e por conseguinte nos postos de traballo", explicaba un hostaleiro.
Castela e León tamén viviu a súa primeira noite de toque de queda. Alí arrancou ás dez e igualmente con dúbidas entre os hostaleiros.
"Un pouco absurdo porque agora a xente estase indo aos chalés e aos pisos a facer as súas festas", dicía un hostaleiro.
En efecto, puxéronse algunhas denuncias por festas en pisos. En Salamanca, once; e tamén houbo quen protestou... Pero, en xeral, as cidades recolléronse.
E isto é Madrid, que ordenou pechar a hostalería ás doce e prohibiu reunións sociais de non conviventes entre as doce e as seis da mañá.