CRTVG

Buscar

A comunidade galega de Bos Aires súmase ás homenaxes a Castelao no 70 aniversario da súa morte

Publicado o 18/01/2020 21:46

Este mes cúmprense 70 anos da morte de Castelao en Bos Aires e para homenaxealo a Bilioteca Galega da Federaciòn promociona entre os seus lectores varias das súas obras máis icónicas, coma este exemplar orixinal de Sempre en Galiza.

Durante todo o ano esta bilblioteca trata de expandir a cultura galega por Bos Aires, pero este mes poñen o foco sobre un dos autores máis apreciados para eles.

Otilia Ares, bibliotecaria da Biblioteca Galega de Bos Aires: "Para nós é moi valioso poder ter material para que os visitantes se poidan deleitar con Castelao".

O paso do tempo permite atopar novos enfoques nas creacións de Castelao.

Otilia Ares, bibliotecaria da Biblioteca Galega de Bos Aires: "Sempre en Galiza vén tamén acompañado dos seus deseños, debuxos, que nos están comunicando unha denuncia social, que teñen aplicación en todo momento da vida".

A Arxentina foi unha terra moi querida para Castelao e organizacións coma esta biblioteca encárganse de que o país non esqueza o intelectual galego.

Noticias web

18/01/2020