CRTVG

Buscar

A Compostela medieval, protagonista do videoxogo de rol The Waylanders, creado por unha empresa galega

Publicado o 20/01/2021 20:44

Unha representación da catedral de Compostela na súa versión románica é o eixe ao redor do que xiran as historias medievais de fantasía no videoxogo de rol The Waylanders, creado pola empresa galega Gato Studio.

The Waylanders discorre entre dous mundos inspirados en Galicia, o celta e o medieval, que recrea con todo detalle. Saíu ao mercado en 2020 e actualmente está a mellorarse coas achegas dos propios xogadores. En tan só uns días estará dispoñible en seis idiomas desde o chinés ou alemán ata o ruso ou inglés e, por suposto, o galego.

A pandemia obrigou a atrasar algunhas partes do proceso creativo, pero mantén o seu lanzamento final previsto para a primavera de 2021.

Noticias web

20/01/2021