CRTVG

Buscar

A composición da corporación local de Burela non varía

Publicado o 18/11/2019 11:51
A composición da corporación local de Burela non varía

A reapertura dunha mesa electoral en Burela (Lugo) este domingo para repetir os comicios municipais non variou a composición da corporación local, o que confirma que o alcalde aínda en funcións, o socialista Alfredo Llano, queda a un concelleiro da maioría absoluta.

O rexedor, Alfredo Llano, asegura que "retomará" o diálogo co BNG de cara á súa investidura, que sitúa arredor do 7 de decembro. Deste xeito, o PSOE afianza os seus seis edís, aos que seguen catro do PP e tres do BNG. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Máis sobre burela