A Comisión Europea loa a industria pesqueira viguesa
Publicado o 08/01/2020 15:15
O sector pesqueiro en Europa bate récords de vendas grazas, en certa medida, á expasión da industria galega. A actividade supera por vez primeira en España os 6.000 millóns de euros de facturación. E nesas cifras a área de Vigo ocupa un lugar destacado.
Os motivos a este recoñecemento están nun importante investimento que superou o pasado ano o 50%, o que se traduciu en novos postos de traballo para seguir asegurando así a súa presenza nos caladoiros máis importantes do mundo.
Con todo, enfróntanse a grandes retos neste iniciado 2020. Falamos do brexit, das cotas a nivel comunitario ou mesmo do cambio climático.
Máis sobre Vigo
04/03/2021 16:59
02/03/2021 21:26