CRTVG

Buscar

A Comisión Europea reúnese con AstraZeneca polo atraso na entrega de vacinas

Publicado o 27/01/2021 21:01

Hai preocupación na Comisión Europea pola submistración de vacinas, despois de que AstraZeneca anunciara atrasos na entrega. Hoxe tiñan previsto unha reunión coa farmacéutica que finalmente se celebrará este serán, tras ser confirmada a súa presenza.

AstraZeneca afirma que esas filtracións da Comisión Europea eran incorrectas. A farmacéutica terá que explicar os atrasos no envío de millóns de doses previstos para o mes de febreiro, pero agora estase a defender e contraataca publicamente e asegura que non hai un compromiso contractual nas cantidades que se van entregar no vindeiro mes. Para entón tamén promete 17 millóns de doses, das que a España lle tocarían 2 millóns.

Agora mesmo, en Bruxelas, fontes europeas están confirmando que a Comisión Europea xa estuda publicar íntegro todo o contrato coa farmacéutica e tamén nos confirman que se anticiparon 336 millóns de euros a AstraZeneca para que investigase e producise esta vacina.

 

Noticias web

27/01/2021

Máis sobre actualidade