CRTVG

Buscar

A cifra de mortos en España baixa a 143 e as UCI reducen á metade os ingresos

Publicado o 10/05/2020 20:39

En 24 horas morreron en España 143 persoas con coronavirus. Son 36 menos ca onte e a cifra máis baixa desde o 18 de marzo.

O crecemento de contaxios foi similar ao do informe anterior. Detectáronse 621 casos.

As hospitalizacións e ingresos en uci seguen á baixa. En concreto, ás uci chegaron 36 enfermos, case a metade que o día anterior.

Fernando Simón explicou que Cataluña, Madrid e as dúas Castelas son as que máis engrosan as cifras globais, pero puntualizou que tamén van a mellor.

Simón insistiu en que manter esta tendencia depende de todos. Admitiu que as normas ditadas non poden regular cada acción de cada cidadán e apelou á responsabilidade individual. Confía neste sentido no bo xuízo dos cidadáns.

Noticias web

10/05/2020