CRTVG

Buscar

A cifra de falecidos nos atentados de Sri Lanka elévase a 359

Publicado o 24/04/2019 20:17

As autoridades de Sri Lanka eleva a cifra de falecidos nos atentados a 359 persoas. Ademais, van transcendendo as identidades dos terroristas suicidas: entre eles había unha muller embarazada e todos procedían de familias acomodadas e tiñan un alto nivel educativo.

O Goberno de Sri Lanka recoñeceu o fracaso da seguridade do Estado, que foi incapaz de previr os ataques a pesar da alerta que recibiran nos días previos.








 

Noticias web

24/04/2019