CRTVG

Buscar

A chuvia paraliza a recollida de patacas na Limia

Publicado o 24/09/2019 14:38

Só algunhas máquinas saíron hoxe ás leiras na Limia, máis que para recolleitar, para facer probas. Os agricultores comezaron hai uns días a recoller as primeiras patacas, pero as previsións de chuvias paralizaron os traballos. Con todo, din que estas chuvieiras mesmo son beneficiosas para a terra.

E se o tempo o permite, os traballos intensificaranse a partir de finais desta semana cando a recollida será xeneralizada na Limia. O estado sanitario da pataca, aseguran, é moi bo e agardan unha mellor colleita que a do ano pasado, cando se reducira case á metade dun ano normal.

Dende o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia din que as previsións son moi positivas para a variedade amparada, a Kenebeck.

A Limia é a principal zona produtora de patacas de Galicia, cunhas 3.500 hectáreas sementadas. A colleita adoita superar os 100.000 millóns de quilos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019